A semente do caos

A SEMENTE DO CAOS

A nova arribada chegou con ansias por límites pasados
Arrogancia e desorde creando un caos espléndido
A mentira coma praxe, a ilusión dos profetas e o control nas sombras
Danar e trunfar nun mesmo verbo

Necios na gloria e crianzas no patíbulo
Celebradas por masas presas na rede
Na noite a lei do ferro e o fogar desfeito
No día o colono celebrando o que di, seu dereito

Mentres soa, agonizas
Baixo entullos
E sabes que xa non verás xamais
A flor do lirio nos beizos

E na fin dos tempos:
A Pura Miseria
Glorificada
Vomitando (unha e máis veces) rancor

Outra madrugada de pedra
Lixada coas cinzas das almas queimadas
No paredón do silencio
Gravando no vento a mesma historia

Na corredoira inescrutable
Dos chíos xordos din
Polos dereitos dos vivos
E dos mortos

CAPÍTULO II: A SEMENTE DO CAOS

17 de Xaneiro, 2026