A SEMENTE DO CAOS

Xa está dispoñible o CAPÍTULO II

LP xa a venta

CAPÍTULO II: A SEMENTE DO CAOS

Consígueo nos directos ou contacta con nos

Prensentamos en Louro (Portugal) o 17 de xaneiro, o novo disco, un traballo de 10 temas que marca un salto claro en ambición, son e narrativa.

Gravado, mesturado e masterizado por Diego López entre maio e decembro de 2025 nos Gastrar Estudos (Boqueixón, GZ), e producido conxuntamente por Diego López e URKO, o disco reforza a identidade de URKO: metal pesado, directo, sen maquillaxe e con discurso propio. O álbum conta con colaboracións estratéxicas que amplían o espectro sonoro sen perder contundencia: Mini Rivas á voz en A Semente do Caos, Jose Ledo ao solo de guitarra en Flor de Lirio e David Nández ao piano en Conta atrás.

As ilustracións volven correr a cargo de Nando Vázquez, pechando un proxecto coherente, sólido e sen fisuras. URKO non mira atrás: evoluciona e reafírmase como un actor clave do metal galego actual.

EP tamén dispoñible

CAPÍTULO I: RETORNO DO ABISAL

Cada vez quedan menos!

O que foi en 2024 o primeiro traballo editado do grupo está xa a piques de esgotarse, se queres unha copia das poucas que quedan non o penses moito.

Camisola URKO

Colabora con URKO

Reserva a tua talla! Pronto novos deseños, aproveita as ofertas

Leva o URKO sempre enriba e convértete na envexa do festi. URKO só confía nas mellores marcas procedentes do averno para confeccionar as súas camisolas, 100 % algodón e negro rexistrado "URKO-ALL-black-II", dispoñibles en todas as tallas e en dous formatos.

Conségueas nos directos que podes ver aqui mesmo, ou contacta con nos aquí, por exemplo.

Sobre nos

SOMOS URKO

O URKO. O can do inferno. Rexorde en forma de banda de metal.

Somos unha banda de metal pesado nacida da crueza dos 90 e da necesidade de levala máis alá. Facemos metal directo, underground, metal mariño, sen adornos nin concesións.

Cantamos en galego. As nosas letras falan de forza, resistencia e introspección, conectando co espírito dos mitos mortos e coa parte máis escura da actualidade.

No directo non cremos nos backing tracks nin nas voces pregravadas. Tampouco en disfraces nin maquillaxe. O que soa é o que somos: tres persoas, instrumentos reais tocados por humanos, sen artificios.

URKO somos intensidade, honestidade e contundencia. Un proxecto pensado para o directo e para empurrar a escena galega cara territorios máis extremos.

Mario César - Guitarra e voz
Pat - Baixo e coros
Rafa - Batería e coros

Discografía

Aparecemos en

Capítulo II: A semente do caos

A SEMENTE DO CAOS

Capítulo I: Retorno do abisal

RETORNO DO ABISAL

25 anos Ruxindo

Un pouco de vídeo

concacta

Contacta con nos

Non chames a horas intempestivas, é posible que esteamos ensaiando.

Por whatsapp, email ou cun DM de instagram estamos encantados de facerche chegar a nosa proposta musical.